|  Principal   |   Recomendar Recomendar    |  Blog de lareira.net Blog   |  Suscribirse ás novidades de lareira.net RSS   |   Favoritos / Compartir
 
Roupa vella (outra)

RECEITAS

Imprimir receta     Ver información nutritiva

Roupa vella (outra)

Temporada: Todo o ano     Persoas: 6

Roupa vella (outra)
© MMAL, lareira.net
Ingredientes:

  • 600 gr. de garavanzos cocidos
  • 1 cebola (100 gr.)
  • 400 gr. de carne sobrante do cocido (lacón, chourizo, touciño, costela...)
  • Aceite

 

Instrucións:

Picar a carne en anacos moi pequenos e a costela, de habela, en paus individuais.

Picar moi miuda a cebola e dourala en aceite. Cando estea dourada, incorporar as carnes e refogalas uns minutos. Engadir os garavanzos. Remexer con coidado ata que todo estea quente e ben mesturado. Servir decontado.

Publicada en lareira.net el 15/4/2009
© receita, lareira.net

 

Creative Commons License