Logo lareira.net  
 
   |  Principal   |  Inicio   |  Favoritos   |  Recomendar   |  Comentarios   |   RSS  

OUTRAS LAREIRAS - Lareira con Tarot

   
     

Vencellada á mantenza e, xa que logo, á nosa lareira.net, xa vimos que non  hai somentes alimentos do corpo, senón tamén do espírito no seu máis amplo sentido, como correspondía ás lareiras dos nosos ascendentes, ó redor das que, ademais de comer, se falaba polas noites ou se cantaban pandeiradas.

Pero tamén, nese conxunto de actividades engadidas, nas lareiras dalgunhas casas moi asinaladas, botábanse as cartas e adiviñábase o porvir das economías, xenreiras e namoros.

Por eso queremos hoxe falar dun achádego enfeitizado que fixemos no mundo da lusofonía. Refírome ó Tarot na gastronomía. Vaian vostedes ó enderezo seguinte: http://www.gastronomias.com/tarot e atoparán unha deleitosa referencia ó devandito.

Xa non se fala de meigas nen trasgos, madia leva, pero os resultados e o sistema (agora máis "científico" e cunha moderna posta en escena) sonvos os mesmos

 

 
A miña Lareira
 

Outras lareiras

agroportal.pt

Lareira con Tarot
© OLAF
© lareira.net, 2001-  | Contacto [RSS válido]  CSS válido