Logo lareira.net  
 
   |  Principal   |  Inicio   |  Favoritos   |  Recomendar   |  Comentarios   |   RSS  

OUTRAS LAREIRAS

   
     

Velaiquí unha sección de lareira.net que non é ortodoxa.

   Vostedes coñecen e manexan os enlaces que se atopan en calquera páxina Web. Xa saben, aparecen en textos resaltados de outra cor e suliñados, se pican neles co ratón os levan a outra páxina, de lareira.net ou allea, que ten algo interesante que dicir encol do que se está a tratar.

   Pero dos enlaces que queremos falar non son deses, senon dos enlaces que nos leven a outra parte calquera, aínda que vencellada a “lareira” por mor do nome ou do seu contido xeral. E será unha referencia breve, porque na man e no desexo de cadiún de vostedes está en segui-lo camiño bosquexado, ou non. Por outra banda é bó destacar a quen o merece.

   Pero mellor me explico có primeiro enlace que elexín. No mundo da web, por exemplo, hai máis lareiras que a nosa, e hoxe vou elexir unha que está agachada nunha Url brasileira que atopei antonte. Esta Url, que atopei xunto a nosa no buscador http://ubbi.com, é:

    http://www.lareira.hpg.ig.com.br

escrita na nosa lingua irmá, que se define coma Academia virtual de filosofía e literatura, humanidades en íntimación coa cociña rural e, en particular, coa nosa das longas noites de inverno. Escomenza con este canto e poden seguir nela atopando maravillas:

Ai! a poesia
que se fez agora,
sopro azul de aurora,
cálido, do dia...

Ai! a poesia
que se faz assim,
latejar do fim
de um lúcido dia...

Ai! a poesia
flor maravilhosa
que se faz alada
lá no céu, macia...

Ai! a poesia,
que freme veloz,
luminosa voz
que ninguém teria...

CANTO
Alphonsus de Guimaraens Filho

   Prometo, volver a ela, para todos nós ou para desfrutala eu.

 

 
A miña Lareira
 

Outras lareiras

agroportal.pt

Lareira con Tarot
© OLAF
© lareira.net, 2001-  | Contacto [RSS válido]  CSS válido