Logo lareira.net  
 
   |  Principal   |  Inicio   |  Favoritos   |  Recomendar   |  Comentarios   |   RSS  

OUTRAS LAREIRAS - agroportal.pt

   
     

Seguimos a facer breves comentarios orientativos sobor doutras lareiras que, lóxicamente, na meirande parte, pertencen ó mundo galego e lusófono que nós percorremos na rede a cotío, atopando sempre cousas interesantes.

Hoxe vou falar do portal portugués do agro que non ten máis remedio que chamarse como se chama, sendo o seu URL, xa que logo, http://www.agroportal.pt e todos vostedes estarán de acordo conmigo en que máis sinxelo non pode ser. Nada máis abrilo, poden pesquisar á esquerda o que desexen coñecer, aínda que teñen un acceso directo, entre outros temas, a uns interesantísimos artigos de opinión de grande outura (ós que calquera pode subscribirse) para os interesados nos temas do agro, ás veces tan parello ó noso no norde de Portugal.

Se escriben lareira na caixa para pesquisar atoparán, de camiño, a nosa lareira.net, e outras referencias á verba “lareira” que hoxe quero sobrancear. A razón para elo é que se ve, se sinte, que á lareira se lle ten unha consideración humanística especial, mesmo polas empresas que anuncian unha relación comercial que as inclúe con grande delicadeza.

Coma vostedes son quen para acudiren se lles interesa o tema ó enderezo sinalado, quero rematar xustificando o devandito dicindo que atoparán alí a oferta dunha <<cuidadosa mistura de lenhas para a sua lareira>> e, nunha Quinta adicada ó turismo rural teñen na sáa Grande <<uma lareira de encantar>>.

Endexamáis mellor dito. O lume da lareira encanta, hipnotiza, apergamiña a face, e un queda coma fóra do entorno, e entón o noso pensamento boia no ár quentiño.

 

 
A miña Lareira
 

Outras lareiras

agroportal.pt

Lareira con Tarot
© OLAF
© lareira.net, 2001-  | Contacto [RSS válido]  CSS válido